MARCELINE

DATOS BÁSICOS

LA PETITA MALUMALUGA

Idade recomendada: de 0 a 3 anos
Duración: 35 min 
Lingua: castelán

A Tropa C por vez primeira

Marceline naceu no Pirineo Aragonés o ano 1873 e estableceu as liñas da linguaxe do pallaso moderno en Londres. É, sen ningunha dúbida, un dos protagonistas esenciais das artes escénicas do seu tempo e creador de novos formatos teatrais. Foi o mestre de Charles Chaplin e o referente de Buster Keaton. 
Eva é a súa tataraneta e desde que ten consciencia quixo subir aos escenarios. Nunca ninguén lle falou de Marceline, ata que a súa avoa, nos últimos anos da súa vida lle explicou as súas orixes e o por que os seus pais quixeron facela desistir dunha carreira artística.
Marceline quere ser unha homenaxe ás artes escénicas. Desde o movemento, a música en directo e a tecnoloxía aplicada á escena, ofrece un percorrido pola vida de Marceline Orbés, un catálogo de números históricos de clown e unha reflexión estética, sobre o feito artístico nesta sociedade e na dos inicios do século XX.
 


[Fotografía: David Ruano]

Duración: 
35 min (aprox.)
Acceso: 
  • compostelacultura.gal
  • Despacho de billetes da Zona C. Punto de Información Cultural. De martes a sábado, de 11 a 14 e de 16 a 19 h. Tel.: 981 542 462
  • Despacho de billetes do Auditorio de Galicia. O día do espectáculo desde 1 h antes do seu comezo. Tel.: 981 571 026

PRÉGASE USO PREFERENTE DA WEB PARA A ADQUISICIÓN DE ENTRADAS

Info práctica: 
Sábado, 1 Maio, 2027
Auditorio de Galicia