CINEUROPA. MARATÓN
GRAFTED / ENXERTO (2024) de Sasha Rainbow
Nova Zelanda / 96 min / Ficción / Inglés, chinés
Ficha artística:
Joyena Sun, Jess Hong, Eden Hart
Ficha técnica:
Guión: Mia Maramara, Lee Murray, Hweiling Ow, Sasha Rainbow
Fotografía: Tammy Williams
Edición: Fauze Hassen
Produción: Murray Francis, Leela Menon
Sinopse: Wei, unha estudante de intercambio chinesa, inicia unha bolsa nunha universidade neozelandesa coa esperanza de continuar a investigación pioneira que deixou o seu pai falecido. A medida que loita por encaixar no seu novo entorno e entre compañeiras que a menosprezan, Wei decide levar o seu traballo sobre enxertos de pel a extremos macabros.
Mellor Dirección no Festival de Cinema de Terror de Brooklyn 2024
THE EXORCIST II: THE HERETIC / O EXORCISTA II: O HEREXE (1977) de John Boorman
Estados Unidos / 117 min / Ficción / Inglés
Ficha artística:
Linda Blair, Richard Burton, Louise Fletcher, Max von Sydow
Ficha técnica:
Guión: William Goodhart
Fotografía: William A. Fraker
Edición: Tom Priestley
Produción: John Boorman, Richard Lederer, Charles Orme
Sinopse: Anos despois dos acontecementos d’O exorcista, esta nova entrega segue o padre Philip Lamont, enviado polo Vaticano para investigar a misteriosa morte de Merrin, o sacerdote que expulsou o demo do corpo da nena Regan. Agora adolescente, Regan parece recuperada, pero aínda arrastra lembranzas e forzas ocultas que desafían toda explicación racional.
GET AWAY / DE ESCAPADA (2024) de Steffen Haars
Reino Unido, Canadá, Estados Unidos, Finlandia / 86 min / Ficción / Inglés
Ficha artística:
Nick Frost, Aisling Bea, Sebastian Croft, Maisie Ayres
Ficha técnica:
Guión: Nick Frost
Fotografía: Joris Kerbosch
Edición: Brian Ent
Produción: Maxime Cottray, Nick Frost, John Hegeman, Miles Ketley, Lee Kim, Nick Spicer, Aram Tertzakian
Sinopse:
Cada verán, Richard organiza coidadosamente as vacacións familiares, buscando recunchos rurais de Europa onde atopar calma e autenticidade. Este ano decide levar a súa esposa, Susan, e os seus fillos adolescentes, Jessie e Sam, a Svalta, unha illa remota de Suecia. Mais o que prometía ser unha escapada tranquila convértese axiña nun pesadelo: os veciños reciben con hostilidade aos visitantes e prepáranse para celebrar o Karantan, unha festividade ancestral que rememora un episodio de canibalismo e fame. Mentres medran as ameazas e se sospeita da presenza dun asasino agochado na illa, a familia descobre que pode formar parte dun antigo ritual do que é imposible fuxir.
IT FEEDS / ALIMÉNTASE (2025) de Chad Archibald
Canadá / 102 min / Ficción / Inglés
Ficha artística:
Ashley Greene, Ellie O’Brien, Juno Ruddell, Shawn Ashmore
Ficha técnica:
Guión: Chad Archibald
Fotografía: Jeff Maher
Edición: Chad Archibald, Mike Gallant
Produción: Chad Archibald, Cody Calahan, Morris Chapdelaine, Evan Ottoni, William G. Santor
Sinopse: Cynthia Winstone, unha psiquiatra con dons clarividentes, posúe a capacidade de penetrar na mente dos seus pacientes e obrigalos a enfrontar os seus traumas máis ocultos. Pero cando recibe a visita de Riley, unha moza que asegura estar sendo devorada por unha entidade demoníaca, o seu don convértese nunha maldición. Coa axuda da súa filla Jordan e dun pai desesperado, Cynthia deberá adentrarse nunha viaxe ao inferno interior da rapaza —e tamén ao seu propio— antes de que o mal acabe con eles.
LAST STRAW (2023) de Alan Scott Neal
Estados Unidos / 83 min / Ficción / Inglés
Ficha artística:
Jessica Belkin, Taylor Kowalski, Joji Otani-Hansen, Christopher M. Lopes, Jeremy Sisto
Ficha técnica:
Guión: Taylor Sardoni
Fotografía: Andrey Nikolaev
Edición: Nathan Whiteside
Produción: Daniel Brandt, Cole Eckerle, Dane Eckerle, Michael Giannone, Phil Keefe, Levon Panek, Taylor Sardoni, Sam Slater
Sinopse: Nunha zona rural dos Estados Unidos, Nancy traballa nun restaurante de estrada do seu pai, atrapada nunha rutina que semella non ter saída. Pero todo cambia cando, durante a súa quenda nocturna, un grupo de homes enmascarados irrompe no local, dando comezo a unha noite de terror e supervivencia.
PELÍCULA SORPRESA
LA NOTTE DEI DIAVOLI / A NOITE DOS DEMOS (1972) de Giorgio Ferroni
Italia, España / 91 min / Ficción / Italiano
Ficha artística:
Gianni Garko, Agostina Belli, Roberto Maldera
Ficha técnica:
Guión: Romano Migliorini, Gianbattista Mussetto, Eduardo Manzanos. Baseado nun conto de Aleksei Tolstoi
Fotografía: Manuel Berenguer
Edición: Gianmaria Messeri
Produción: Eduardo Manzanos, Luigi Mariani
Sinopse: Nunha noite escura, un home ferido e sen memoria chamado Nicola é atendido nun hospital tras aparecer vagando polos bosques da antiga Iugoslavia. A través de flashbacks, descóbrense os seus pasos: tras sufrir un accidente, acepta a hospitalidade dunha familia illada que agocha un segredo macabro. Mentres o medo medra e os bosques gardan susurros antigos, Nicola tenta fuxir dunha terríbel maldición vampírica que o persegue.