EN ORDE DE PROXECCIÓN
JACINTO (2021) de Javi Camino
España / 95 min / Ficción / Galego, inglés
Ficha artística: Pedro Brandariz, Anxela Baltar, Miro Magariños, Pilar Miguélez, Juanma Buiturón, Corinna Rautenberg
Ficha técnica
Guión: Javi Camino
Fotografía: Fran Arnoso
Música: Wenceslao Lamas Lopez
Produción: Vizuals Lab.
Jacinto é un neno de nove anos encerrado no corpo dun home de preto de cincuenta. Vive cos seus anciáns pais en Mallou, unha aldea en ruínas no medio das montañas de Lugo. Son os tres únicos habitantes que quedan. Jacinto fabricou un mundo de fantasía no que é o rei absoluto, pero todo cambia coa chegada dunha nova parella de veciñas: Alex e Ana, dúas escuras artistas black metaleiras que veñen desde Suecia en busca dun lugar tranquilo onde gravar o novo disco da súa banda Tardigrades. Os mundos de ambas as dúas familias non poderían ser máis diferentes, e non tardan en darse os primeiros rozamentos e problemas. Jacinto ten moi claro que Mallou é demasiado pequeno para os cinco. Igual que nas películas, ten que elaborar un plan para facer desaparecer ás mozas e traer a paz á súa familia.
PRISONERS OF THE GHOSTLAND (2021) de Sion Sono
Estados Unidos, Xapón / 103 min / Ficción / Inglés, xaponés, chinés, francés
Ficha artística: Nicolas Cage, Sofia Boutella, Ed Skrein, Nick Cassavetes, Bill Moseley, Narisa Suzuki, Takato Yonemoto
Ficha técnica
Guión: Aaron Hendry, Reza Sixo Safai
Fotografía: Souhei Tanigawa
Edición: Taylor Levy
Produción: Eleven Arts, Untitled Entertainment, XYZ Films, Patriot Pictures
Na traizoeira fronteira da cidade de Samurai Town, un ladrón de bancos sen escrúpulos é liberado do cárcere por un podente señor da guerra coñecido como The Governor para que atope a Bernice, a súa neta adoptiva, que desapareceu sen deixar rastro. Para garantir que cumpra a súa palabra, o ladrón é obrigado a levar posto un traxe de coiro que se autodestruirá nun período de cinco días. Na súa aventura procurará non só atopar á moza, senón tamén redimirse dos seus pecados.
COMING HOME IN THE DARK (2021) de James Ashcroft
Nova Zelandia / 93 min / Ficción / Inglés
Ficha artística: Daniel Gillies, Erik Thomson, Miriama McDowell, Matthias Luafutu, Billy Paratene, Frankie Paratene
Ficha técnica
Guión: James Ashcroft, Eli Kent. Baseado na historia de Owen Marshall
Fotografía: Matt Henley
Edición: Annie Collins
Produción: Light in the Dark Productions
Viaxando pola abatida estrada dun val interminable, Alan e Jill deteñen o seu vehículo para levar aos seus fillos adolescentes a unha camiñada pola natureza de Nova Zelandia. Cando pairan para gozar dun aperitivo, dous vagabundos aparecen da nada e rodean á pacífica familia. Nun inesperado acto de violencia secuestran á familia, o que desata unha serie de acontecementos dos que non existe escapatoria.
Sección Oficial do Festival de Sitges 2021
RENT-A-PAL (2020) de Jon Stevenson
Estados Unidos / 108 min / Ficción / Inglés
Ficha artística: Wil Wheaton, Brian Landis Folkins, Amy Rutledge, Kathleen Brady, Adrian Egolf, Josh Staab, Luke Sorge
Ficha técnica
Guión: Jon Stevenson
Fotografía: Scott Park
Edición: Jon Stevenson
Produción: Pretty People Pictures
Ambientada en 1990, un solteiro solitario chamado David busca o xeito de fuxir do aburrimento diario que lle supón coidar da súa nai anciá. Un día descobre por accidente unha estraña cinta de vídeo chamada Rent-A-Pal presentada polo carismático Andy. Esta ofrece todo o que David necesita: compañía, compaixón e amizade. Con todo, a súa relación ten un custo moito máis alto do que el está disposto a pagar.
MIL GRITOS TIENE LA NOCHE (1982) de Juan Piquer Simón
España, Estados Unidos, Porto Rico, Italia / 90 min / Ficción / Inglés, español
Ficha artística: Christopher George, Lynda Day George, Frank Braña, Edmund Purdom, Ian Sera, Jack Taylor, May Heatherly, Emilio Linder
Ficha técnica
Guión: Dick Randall, Joe D'Amato
Fotografía: Juan Mariné
Edición: Antonio Gimeno
Produción: Almena Films, Film Ventures International (FVI), Fort Films, Montoro Productions
Nunha universidade de Estados Unidos, unha moza é asasinada e o seu cadáver aparece sen cabeza. Ao pouco tempo, outra moza é asasinada na piscina da Universidade e o seu corpo esnaquizado. A policía decide poñer unha muller policía na universidade, camuflada como profesora de tenis. Posteriormente, unha xornalista que investiga as mortes, é tamén asasinada, e outras dúas mozas aparecen mortas e mutiladas.
LA NOCHE DEL TERROR CIEGO (1971) de Amando de Ossorio
España, Portugal / 101 min / Xénero / Español
Ficha artística: Lone Fleming, César Burner, María Elena Arpón, Joseph Thelman, Rufino Inglés, Verónica Llimera, Simón Arriaga
Ficha técnica
Guión: Amando de Ossorio
Fotografía: Pablo Ripoll
Edición: José Antonio Rojo
Produción: J.A. Pérez Giner, Salvadore Romero
Bette chega a Lisboa por motivos de traballo e atopa a Virginia, unha antiga compañeira de internado que pasea acompañada por Roger. Os tres deciden pasar uns días nun parador de turismo. Viaxan nun pintoresco tren, onde comezan a aparece os celos entre as dúas amigas. Virginia decide baixar do tren e chega a unha poboación deserta presidida por unha abadía. Acomódase nunha das casas e disponse a durmir, cando empezan a ocorrer cousas estrañas e terribles. Namentres, Roger e Bette deciden saír na procura da súa amiga.
PELÍCULA SORPRESA