MARATÓN CINEUROPA

DATOS BÁSICOS

Como cada ano celébrase o xa tradicional Maratón de Cineuropa. Máis de 11 horas de cinema, con algún breve descanso polo medio... Atréveste?

Estes son os filmes que poderemos ver, por esta orde:

Pincha en cada un dos filmes para ter máis información de cada un deles. A película sorpresa non é a mesma que poderemos ver durante o festival, é unha película sorpresa exclusiva do maratón.

A duración do Maratón serán unhas 12 horas e media, aproximadamente, incluídos 60 minutos de descanso repartidos ao longo da noite (5 minutos entre película e película e uns 20 minutos de descanso sobre as 7 da mañá). Pódese entrar e saír, polo tanto, entre filme e filme.

Pola súa excepcionalidade, no Maratón permitimos levar comida (sen cubertos) e bebida (só en envases de plástico e nunca bebidas alcohólicas).

O abono do festival non pode usarse para o Maratón pois este ten un prezo específico de 6 euros.

Duración: 
745 min
Información da billeteira: 

VENTA ANTICIPADA:

  • compostelacultura.gal
  • No Teatro Principal (de 15.30 a 22 h).

PREZO:

  • 6 euros
  • (O abono do festival non pode usarse para o Maratón)
Funcións: 
Venres, 23 Novembro, 2018
22:15
Teatro Principal

UBICACIÓN

Compostela Capital Cultural