Manifesto: Claudio Rodríguez Fer
Claudio Rodríguez Fer foi o encargado de escribir este ano o Manifesto do Día Mundial da Poesía para o festival. O resultado é un Manifesto ecopoético onde o autor reclama “un pensamento radicalmente ecolóxico que nos lembre a interconexión da humanidade cos demais seres animais, vexetais e minerais da Terra e acaso do Universo infinito, sen centros, sen periferias e sen fronteiras, porque a existencia é sempre coexistencia en permanente resistencia como o maquis”.
A lectura terá lugar no balcón do Teatro Principal á Rúa do Vilar, inicio dun posterior percorrido que levará os asistentes ao Salón Teatro.