CINEUROPA
EN LEMBRANZA DE... ANGELA LANSBURY
THE MANCHURIAN CANDIDATE / O MENSAXEIRO DO MEDO (1962)
John Frankenheimer
Estados Unidos / 126 min / Ficción / Inglés, español
Ficha artística:
Frank Sinatra, Laurence Harvey, Janet Leigh, Angela Lansbury, James Gregory, Leslie Parrish
Ficha técnica:
Guión: George Axelrod, John Frankenheimer (baseado na novela de Richard Condon)
Fotografía: Lionel Lindon
Edición: Ferris Webster
Produción: George Axelrod, John Frankenheimer, Howard W. Koch
Sinopse:
Cando o Maior Bennett Marco ten que opinar sobre o sarxento Raymond Shaw non dubida en afirmar que é un auténtico heroe. Mais realmente Shaw parécelle un personaxe moi turbio: un estraño pesadelo faille sospeitar que o sarxento agocha algo inconfesable. Audaz thriller político sobre o lavado de cerebro dos prisioneiros americanos na guerra de Corea. A fin da rodaxe coincidiu co asasinato de Kennedy, polo que se estreou algúns anos máis tarde.
Candidata á mellor actriz de reparto (Angela Lansbury) e montaxe nos Óscar 1962
Globo de ouro 1962 a Angela Lansbury como mellor actriz de reparto