CINEUROPA · NOVAS/OS CINEASTAS
MAMMALIA (2023)
Sebastian Mihăilescu
Romanía, Polonia, Alemaña / 88 min / Ficción / Romanés
Ficha artística:
István Téglás, Mãlina Manovici, Denisa Nicolae
Ficha técnica:
Guión: Andrei Epure, Sebastian Mihailescu
Fotografía: Barbu Balasoiu
Edición: Catalin Cristutiu
Produción: Malgorzata Bereznicka, Horia Calugareanu, Diana Caravia, Nina Frese, Vlad Grajdan, Diana Paroiu, Ewa Puszczynska, Andreas Roald, Antoine Simkine, Ada Solomon, Dan Wechsler, Jamal Zeinal Zade
Sinopse:
Camil, de trinta e nove anos, embárcase nunha viaxe onírica na que se fusiona o banal e o surrealista. Loitando por aceptar a perda de control sobre o seu traballo, o seu status social e a súa relación, emprende unha procura que o leva a cuestionar as bases da súa identidade como home. Persegue a súa parella nun mundo cada vez máis estrambótico e desacougante antes de se enfrontar a un cambio de roles traxicómico que o leva a cuestionalo absolutamente todo.
Sebastian Mihăilescu (Făgăraș, Romanía). Estudou informática antes de se graduar na Universidade Nacional de Teatro e Cinema de Bucarest. Traballa como guionista, director e produtor. Tras o documental You are Ceaușescu to me (2021), Mammalia é a súa segunda longametraxe, a primeira de ficción.
Seleccionada na sección Panorama no Festival de Berlín 2023