CINEUROPA
PANORAMA INTERNACIONAL
MAMLAKET AL-QASAB / THE PRESIDENT'S CAKE / A TORTA DO PRESIDENTE (2025)
Hasan Hadi
Iraq, Estados Unidos, Qatar / 105 min / Ficción / Árabe
Ficha artística:
Baneen Ahmad Nayyef, Waheed Thabet Khreibat, Sajad Mohamad Qasem
Ficha técnica:
Guión: Hasan Hadi
Fotografía: Tudor Vladimir Panduru
Edición: Andu Radu
Produción: Leah Chen Baker, Yanal Kassay
Sinopse:
No Iraq dos anos 90, mentres a poboación loita por sobrevivir baixo o réxime e as sancións de Sadam Husein, Lamia, unha nena de nove anos, emprende unha arriscada misión: conseguir os ingredientes necesarios para preparar a obrigatoria torta de aniversario do presidente. Acompañada do seu galo Hindi, deberá enfrontarse á escaseza, ao medo e á absurda burocracia dun sistema opresivo.
Hasan Hadi é un guionista e director iraquí nacido en Bagdad e criado no sur do país durante a guerra. Traballou como xornalista, produtor e profesor adxunto no programa de posgrao en cinema da Universidade de Nova York (NYU). En 2021 dirixiu a curtametraxe Swimsuit. Acadou, entre outros recoñecementos, os premios Sundance/NHK 2022 e o Black Family Production. Alén diso recibiu tamén as bolsas Gotham–Marcie Bloom, SFFILM Rainin, a do Instituto de Cinema de Doha e a Sundance Lab 2022.
Cámara de Ouro á Mellor Ópera Prima e Premio do Público na Quincena de Cineastas do Festival de Cannes 2025