CINEUROPA · SECCIÓN OFICIAL EUROPEA
MAL VIVER (2023)
João Canijo
Portugal, Francia / 127 min / Ficción / Portugués
Ficha artística:
Anabela Moreira, Rita Blanco, Madalena Almeida
Ficha técnica:
Guión: João Canijo
Fotografía: Leonore Teles
Edición: João Braz
Produción: Pedro Borges
Sinopse:
Un grupo de mulleres de diferentes xeracións dunha mesma familia xestiona un hotel na costa norte de Portugal. As relacións entre elas fóronse estragando e tratan de sobrevivir nun establecemento en decadencia. A chegada inesperada dunha neta desencadea os problemas, ao tempo que agroman os odios latentes e os resentimentos acumulados.
João Canijo (Porto, Portugal). Comezou a súa carreira como asistente de dirección de Manoel de Oliveira, Wim Wenders, Alain Tanner e Werner Schroeter. A súa primeira longametraxe, Três menos eu, inaugurou o Festival Internacional de Cinema de Róterdam de 1988. Dende aquela, realizou máis de dez longametraxes que se proxectaron regularmente nas seccións oficiais de Cannes, Venecia e Toronto. Algunhas delas foron multipremiadas, como Sangue do meu sangue, que acadou unha vintena de galardóns, entre eles o premio FIPRESCI en San Sebastián 2011. O seu traballo foi honrado con retrospectivas en cidades como Busan, La Rochelle e Bos Aires.
Premio especial do xurado na Berlinale 2023