MAHANAGAR / A GRAN CIDADE (1963)

DATOS BÁSICOS

CINEFILIAS. EXPLORACIÓN DO CINEMA CLÁSICO

MER 11, 18:40 | AUDITORIO (SALA MOZART)

Satyajit Ray
India / 131 min. / Ficción / Bengalí

Ficha artística:
Anil Chatterjee, Madhabi Mukherjee,
Jaya Bhaduri, Haren Chatterjee, Sefalika Devi,
Prasenjit Sarkar, Haradhan Bannerjee,
Vicky Redwood

Ficha técnica:
Guión: Satyajit Ray (Historia: Narendranath Mitra)
Fotografía: Subrata Mitra
Música: Satyajit Ray
Produción: R.D.Banshal & Co

1964: Festival de Berlín: Oso de Prata ao Mellor director

En Calcuta, Subrata Majumdar esfórzase por manter a súa familia co modesto e insuficiente soldo que recibe como empregado de banca. Dadas as circunstancias, a súa esposa Arati expón a posibilidade de poñerse a traballar, pero Subrata descártao como algo contrario á tradición familiar india. Porén, ao final, non terá máis remedio que aceptar a necesidade de que Arati traballe.
 

Duración: 
136 MIN
Entradas: 

VENDA E RETIRADA DE CONVITES

  • Para as proxeccións de todas as salas
    • compostelacultura.gal
    • Despacho de billetes do Teatro Principal: de 15.30 a 21.00 h e polas mañás desde unha hora antes do inicio da proxección.
  • Para as proxeccións do Auditorio de Galicia tamén se poden retirar na propia sala desde unha hora antes do inicio dos filmes.
  • Para as proxeccións de Numax tamén se poden mercar na propia sala no seu horario habitual (numax.org)

PRÉGASE USO PREFERENTE DA WEB PARA A ADQUISICIÓN DE ENTRADAS

CONSULTA O PROTOCOLO DE ACCESO A ESPECTÁCULOS NA PORTADA

Funcións: 
Mércores, 11 Novembro, 2020
18:40
Auditorio de Galicia