MADE IN GALIZA

DATOS BÁSICOS

SARABELA TEATRO

Idade recomendada: público adulto

Duración: 60 min

Lingua: galego

#posfunción: 16 de maio ao remate da función

Como quen se deixa roubar o seu tesouro máis prezado, a actitude das galegas e dos galegos respecto á súa lingua non "resistiría" ningunha análise. E será que o galego é a lingua máis difícil do mundo? E será que deberemos constituír unha oficina de palabras perdidas? Palabras perdidas, roubadas...

Fronte ao "es que no me sale", "es que no se me da" Made in Galiza é un convite á República Independente da túa lingua. Non a imos perder nin en soños porque co galego imos "ao fin do mundo" e quen o proba o sabe! A obra escrita por Séchu Sende no ano 2007 foi elixida como Libro do Ano no 2017, e xira ao redor dun tema que ten tanto que ver con nós como sociedade, que está nos alicerces da nosa cultura (foi Castelao quen dixo: "se aínda somos galegos é por obra e graza do idioma").

Elenco: Fernando Dacosta, Sabela Gago, Elena Seijo e Josito Porto

Dirección: Fina Calleja

Duración: 
60 MIN
Entradas: 
  • compostelacultura.gal
  • Despacho de billetes da Zona C. Punto de Información Cultural. De martes a sábado, de 11 a 14 e de 16 a 19 h. Tel.: 981 542 462
  • Despacho de billetes do Teatro Principal. O día do espectáculo desde 1 h antes do comezo do mesmo. Tel.: 981 542 349
  • Descontos do 50% para persoas desempregadas, perceptoras de rendas sociais, xubiladas, maiores de 65 anos, estudantes, menores de 25 anos e membros de familias monoparentais ou numerosas.

PRÉGASE USO PREFERENTE DA WEB PARA A ADQUISICIÓN DE ENTRADAS

 

Funcións: 
Venres, 17 Maio, 2024
20:30
Teatro Principal
Xoves, 16 Maio, 2024
20:30
Teatro Principal