CINEUROPA
SECCIÓN OFICIAL A CONCURSO. CINEASTAS DO PRESENTE
MÉTÉORS / METEOROS (2025)
Hubert Charuel
Francia / 111 min / Ficción / Francés
Ficha artística:
Paul Kircher, Idir Azougli, Salif Cissé
Ficha técnica:
Guión: Hubert Charuel, Claude Le Pape
Fotografía: Jacques Girault
Edición: Valentin Charrier, Laurent Navarri, Julie Picouleau
Produción: Stéphanie Bermann, Alexis Dulguerian
Sinopse:
Na Francia rural, tres amigos de toda a vida enfrontan destinos moi distintos: Tony converteuse no rei da construción, mentres Mika e Daniel seguen a ser reis de nada. Con grandes soños e pouca sorte, acaban meténdose en problemas unha vez máis. Sen saída, aceptan traballar para Tony nun vertedoiro nuclear.
Hubert Charuel criouse na contorna rural dunha familia de gandeiros leiteiros. Tras traballar no eido agrícola, formouse na prestixiosa La Fémis de París, onde se graduou en 2011. Logo de realizar varias curtas —entre elas Diagonale du vide e K-nada— en 2017 dirixiu a súa primeira longa, Petit Paysan (tamén coñecida como Bloody Milk), unha historia ambientada na paisaxe rural francesa que lle valeu o César á Mellor Ópera Prima en 2018.
Sección Unha certa ollada do Festival de Cannes 2025