MÉTÉORS / METEOROS

DATOS BÁSICOS

CINEUROPA

SECCIÓN OFICIAL A CONCURSO. CINEASTAS DO PRESENTE

MÉTÉORS / METEOROS (2025)

Hubert Charuel

Francia / 111 min / Ficción / Francés

Ficha artística:

Paul Kircher, Idir Azougli, Salif Cissé

Ficha técnica:

Guión: Hubert Charuel, Claude Le Pape

Fotografía: Jacques Girault

Edición: Valentin Charrier, Laurent Navarri, Julie Picouleau

Produción: Stéphanie Bermann, Alexis Dulguerian

Sinopse:

Na Francia rural, tres amigos de toda a vida enfrontan destinos moi distintos: Tony converteuse no rei da construción, mentres Mika e Daniel seguen a ser reis de nada. Con grandes soños e pouca sorte, acaban meténdose en problemas unha vez máis. Sen saída, aceptan traballar para Tony nun vertedoiro nuclear.

Hubert Charuel criouse na contorna rural dunha familia de gandeiros leiteiros. Tras traballar no eido agrícola, formouse na prestixiosa La Fémis de París, onde se graduou en 2011. Logo de realizar varias curtas —entre elas Diagonale du vide e K-nada— en 2017 dirixiu a súa primeira longa, Petit Paysan (tamén coñecida como Bloody Milk), unha historia ambientada na paisaxe rural francesa que lle valeu o César á Mellor Ópera Prima en 2018.

 

Sección Unha certa ollada do Festival de Cannes 2025

 

Duración: 
111 min
Acceso: 

 

4 euros

Bono 10 películas: 30 euros

Catálogo: 2 euros

  • Para as proxeccións de todas as salas:
    • compostelacultura.gal
    • ZONA C. Punto de Información Cultural (Praza de Cervantes): de martes a sábado, de 11.00 a 14.00 e de 16.00 a 19.00 h.
    • TEATRO PRINCIPAL: de 15.00 h ata a hora de inicio do último filme no Teatro Principal ou no Salón Teatro. 
  • En cada sala, para as proxeccións dese espazo:
    • NUMAX: de luns a sábado (excepto martes) de 10.30 a 14.00 h e de 16.00 a 20.30 h e os martes só de 16.00 a 20.30 h. Os domingos e calquera outro día fóra deste horario, abrirase o despacho de billetes 10 minutos antes do inicio da sesión. Neste despacho de billetes só se poderá pagar en efectivo
    • AUDITORIO DE GALICIA: dende media hora antes do inicio de cada sesión

PRÉGASE USO PREFERENTE DA WEB PARA A ADQUISICIÓN DE ENTRADAS

Info práctica: 
Venres, 21 Novembro, 2025
22:15
Salón Teatro
Sábado, 22 Novembro, 2025
16:45
Salón Teatro
MULTIMEDIA

Trailer de Météors subtitulado en español (HD)