LA MENUDA
Idade recomendada: a partir de 1 ano
Duración: 40 min
Lingua: sen texto
LUMIERO é un espectáculo visual e musical pensado para a primeira infancia.
O protagonista, Lumiero (Pere Hosta), vive rodeado de pequenas luces e sombras que cobran vida.
Xunto coa súa filla Lumina, exploran un mundo tenro onde os obxectos brillan e a música acompaña cada movemento.
Sons creados con instrumentos, xoguetes e artefactos dan forma a unha atmosfera máxica e tranquila.
LUMIERO é unha homenaxe á luz, á música, á imaxinación e ao bo humor, un espectáculo entrañable onde a luz xoga a ser un conto e o conto se converte en realidade.
Benvidas e benvidos ao Universo Lumiero