LUIS FERCÁN

DATOS BÁSICOS

Luis Eduardo Fernández Cano ou "Luis Fercán", como é coñecido, é unha das voces máis persoais e recoñecibles do panorama musical actual. Tras pasar por varias bandas na súa Galicia natal, en 2016 comeza o seu camiño en solitario como un dos cantautores emerxentes máis recoñecidos.

A mestura do seu carisma e a profundidade das súas cancións, fan que te enganches e non poidas deixar de escoitalo. En 2018 publica o seu primeiro Longa Duración, ‘Greta’, cunha incrible acollida, situándoo indubidablemente entre os autores a seguir. En 2019 segue o EP ‘Furias’ cuxo single ‘110’ alcanza os 3 millóns de escoitas en spotify sen entrar en ningunha lista, confirmando o futuro brillante do cantante.

En novembro de 2021 presenta o seu novo disco ‘Canciones completas desde una casa vacía’, producido por Nacho Mur, e gravado nunha casa abandonada da súa familia, na súa Galicia natal. A crueza, sensibilidade, melancolía e verdade que reflicte esta gravación, onde case podes sentir á casa cantando con Luis, é algo realmente especial. Un disco que marcará un antes e un despois na canción de autor deste país. Luis atópase nestes momentos xirando por todo o país, onde xa anunciou máis de 30 datas… e isto só acaba de empezar.

Entradas: 
  • compostelacultura.gal
  • Despacho de billetes da Zona C. Punto de Información Cultural. De martes a sábado, de 11 a 14 e de 16 a 19 h. Tel.: 981 542 462
  • Despacho de billetes do Teatro Principal. O día do espectáculo desde 1 h antes do comezo do mesmo. Tel.: 981 542 349
  • Descontos do 50% para persoas desempregadas, perceptoras de rendas sociais, xubiladas, maiores de 65 anos, estudantes, menores de 25 anos e membros de familias monoparentais ou numerosas.

PRÉGASE USO PREFERENTE DA WEB PARA A ADQUISICIÓN DE ENTRADAS

Funcións: 
Xoves, 20 Abril, 2023
20:30
Teatro Principal