Love of Lesbian chegan a Santiago de Compostela para presentar o seu espectáculo 'Espellos & Espellismos (Miralls i Miratges)'. Non é unha obra de teatro nin un musical. Podería ser definido como un concerto teatralizado, baseado no repertorio máis ensoñador do cancioneiro de Love of Lesbian.
A música como reflexo da nosa realidade, ou a música como creadora de espellismos onde refuxiarse? Unha dualidade que moitas veces se confunde nunha mesma melodía e un mesmo verso.
A nova posta en escena de “E&E” será reactualizada escénicamente e incorporará algúns temas de “El poeta Halley” aínda que conservará a súa máxica e minimal esencia.
Guillem Albà asina unha posta de escena onde as sombras chinas, os títeres e outras disciplinas tomarán protagonismo para recrear o atrezzo emocional propicio para cada situación.