LOS YUGOSLAVOS

DATOS BÁSICOS

TEATRO DE LA ABADÍA

Idade recomendada: a partir de 16 anos

Lingua: Castelán

En LOS YUGOSLAVOS todo comeza cando un camareiro lle pide axuda a un cliente a quen viu erguer, con apenas palabras, o ánimo doutro. Requírelle que fale coa súa dona, quen semella afundirse na tristeza e no silencio. 

Os personaxes protagonistas son dous homes que intercambian palabras e dúas mulleres que intercambian mapas. Ningún deles pisou aquel país que se chamaba Iugoslavia. O título alude a un lugar onde quizá se reúnan persoas que terían en común nacer nun lugar que xa non existe. 

LOS YUGOSLAVOS é unha obra sobre o amor, a tristeza, a busca dun lugar e a esperanza nas palabras. 

(Foto: Javier Mantrana)

 

Duración: 
90 MIN
Acceso: 
  • compostelacultura.gal
  • Despacho de billetes da Zona C. Punto de Información Cultural. De martes a sábado, de 11 a 14 e de 16 a 19 h. Tel.: 981 542 462
  • Despacho de billetes do Auditorio de Galicia. O día do espectáculo desde 1 h antes do comezo do mesmo. Tel.: 981 571 026
  • Descontos do 50% para persoas desempregadas, perceptoras de rendas sociais, xubiladas, maiores de 65 anos, estudantes, menores de 25 anos e membros de familias monoparentais ou numerosas.

PRÉGASE USO PREFERENTE DA WEB PARA A ADQUISICIÓN DE ENTRADAS

 

Info práctica: 
Sábado, 31 Xaneiro, 2026
20:30
Auditorio de Galicia
MULTIMEDIA

La Abadía presenta 'Los yugoslavos'