LOS PAISAJES

DATOS BÁSICOS

CINEUROPA · DOCS CINEUROPA

LOS PAISAJES (2022)
Hernán Fernández
Arxentina / 64 min / Ficción / Ucraíno

Ficha artística:
Tamara Zhurba, Valentyna Berenda

Ficha técnica:
Guión: Hernán Fernández, Constanza Sandoval
Fotografía: Mariano Maximovicz
Edición: José Goyeneche
Produción: Macarena Herrera Bravo, Analía Vargas Silva

Sinopse:
O frío inverno atopa a poeta ucraína Tamara Zhurba prostrada nunha aldea perdida no medio da selva abafante. Valentyna, a súa única filla, ocúpase dela e dos poucos animais dunha pequena granxa, mentres debuxa as súas lembranzas en follas soltas. O destino semella estar borroso, como as memorias dun vello poema que se agocha nunha paisaxe escura.

Hernán Fernández (Bos Aires, Arxentina). Graduado da Escola Nacional de Experimentación e Realización Cinematográfica (ENERC) de Arxentina. Dirixiu as longametraxes La piel marcada (2016) e El llanto (2018). Ademais, exerceu como montador en películas como Monstruo Dios (2019) —que obtivo unha mención especial do xurado no 72° Festival de Cannes—, e Matar a la bestia (2021), ambas as dúas dirixidas por Agustina San Martín.

Panorama de longametraxes internacionais no Festival Cinematográfico Internacional do Uruguai 2023
Sección Oficial do Festival de Cinema Iberoamericano de Trieste 2023

 

Duración: 
65 MIN
Entradas: 

CINEUROPA

  • 4 euros
  • Bono 10 películas: 30 euros

PARA TODAS AS PROXECCIÓNS:

  • compostelacultura.gal
  • Zona C (Praza de Cervantes): de martes a sábado, de 11.00 a 14.00 e de 16.00 a 19.00 h. Tel.: 981 542 462
  • Teatro Principal: de 16 h ata a hora de inicio do último filme do Teatro Principal ou do Salón Teatro. (Se hai un filme ás 16.00 h ou antes, o despacho de billetes abre media hora antes de que comece). Tel.: 981 542 349

EN CADA SALA, TAMÉN PARA AS PROXECCIÓNS DE ESE ESPAZO:

  • NUMAX: de luns a sábado (excepto martes) de 10.30 a 14.00 h e de 16.00 a 20.30 h e os martes só de 16.00 a 20.30 h. Os domingo e calquera outro día fóra deste horario, abriríase o despacho de billetes 10 minutos antes do inicio da sesión.
  • MULTICINES COMPOSTELA: desde as 17.00 h ata a hora de inicio do último filme. (Se hai un filme ás 17.00 h ou antes, o despacho de billetes abre media hora antes de que comece)
  • AUDITORIO DE GALICIA: desde media hora antes do inicio de cada sesión.

PRÉGASE USO PREFERENTE DA WEB PARA A ADQUISICIÓN DE ENTRADAS

Funcións: 
Luns, 13 Novembro, 2023
22:00
NUMAX
MULTIMEDIA