CINEUROPA
SECCIÓN OFICIAL A CONCURSO. CINEASTAS DO PRESENTE
LOS DÍAS LIBRES (2026)
Lucila Mariani
Arxentina, Brasil, México, Francia / 84 min / Castelán, portugués
Ficha artística:
Antonia Robolini, Luiza Quinteiro, Laura Paredes, Guillermo Berthold
Ficha técnica:
Guión: Lucila Mariani
Fotografía: Victoria Pereda
Edición: Maximiliano Passarelli
Produción: Paula Zyngierman, Tathuani Sacilotto e Jessica Luz
Sinopse:
Nun futuro próximo, durante unhas vacacións de verán interminables e ante a inminente chegada dunha eclipse solar, Bego, de 12 anos, loita por atopar o seu lugar na familia e entre as rapazas da súa idade. Mentres a lúa «eclipsa» os animais e as persoas que a rodean, Bego coñece a REN_, unha amiga virtual que a introduce no shifting, unha práctica coa que as adolescentes cren que poden acceder a outras realidades a través dos soños lúcidos.
Lucila Mariani é unha cineasta arxentina. Dirixiu numerosas curtametraxes seleccionadas en festivais como Locarno, Rotterdam (IFFR), New Directors/New Films, o Festival Internacional de Cinema de Mar del Plata e IndieLisboa. Los días libres é a súa primeira longametraxe e foi seleccionada para A Fabrica do Cinema do Festival de Cannes en 2023. Actualmente traballa no guión da súa segunda longametraxe, Laguna Pepsi, e no desenvolvemento da curtametraxe Cowboy-girl.
MENCIÓN ESPECIAL DO XURADO NA SECCIÓN CINEASTAS DO PRESENTE NO FESTIVAL DE LOCARNO 2026