CINEUROPA
SECCIÓN PARALELA · BRANDO FAI CEN ANOS. O ACTOR’S STUDIO, DEUSES E MONSTROS NA REVOLUCIÓN DAS EMOCIÓNS
LONELYHEARTS / CORAZÓNS SOLITARIOS (1958)
Vincent J. Donehue
Estados Unidos / 103 min / Ficción / Inglés
Ficha artística:
Montgomery Clift, Robert Ryan, Myrna Loy, Dolores Hart, Maureen Stapleton
Ficha técnica:
Guión: Dore Schary. Baseado nunha obra de Nathanael West
Fotografía: John Alton
Edición: John Faure, Aaron Stell
Produción: Dore Schary
Sinopse:
Adam White é un xornalista desesperado por atopar un traballo do seu. Nun bar coñece a Florence, a muller dun editor chamado Shrike, e este ofrécelle un posto na sección de consellos sentimentais do xornal. Shrike martiriza a súa muller alcohólica lembrándolle acotío o seu pasado adúltero e asígnalle aos seus empregados traballos que non queren. Un día Shrike proponlle a Adam seducir a unha das corresponsais do diario para que esta cita se convirta nun xogo que poida retratar nun artigo. White está dividido entre a lealdade ao seu novo traballo e a fidelidade e o respecto á súa parella, Justy. Un filme liberal que non deu pasado a censura franquista no momento da súa estrea.
Nominada a mellor actriz de reparto (Maureen Stapleton) nos Óscar 1959