CINEUROPA
SECCIÓN PARALELA. AS COUSAS DO QUERER
LOLA (1961)
Jacques Demy
Francia, Italia / 84 min / Ficción / Francés
Ficha artística:
Anouk Aimée, Marc Michel, Jacques Harden, Alan Scott
Ficha técnica:
Guión: Jacques Demy
Fotografía: Raoul Coutard
Edición: Anne-Marie Cotret
Produción: Georges de Beauregard, Carlo Ponti
Sinopse:
En Nantes, Lola, unha bailarina de cabaré, leva sete anos agardando o regreso de Michel, o amante que a abandonou sen saber que estaba embarazada. No seu camiño crúzanse dous homes: Frankie, un mariñeiro estadounidense, e Roland Cassard, un antigo amigo de infancia que se namora dela. Pero Lola segue fiel ao recordo do seu amor perdido.
Ópera prima de Jacques Demy, Lola é unha historia coral sobre o azar e o desexo, un conto luminoso e nostálxico que anticipa o universo musical e romántico que amosaría máis tarde en Os paraugas de Cherburgo e As señoritas de Rochefort.
Premio Especial da Asociación de Críticos de Nova York en 2001