LOLA de Antonio Caeiro

DATOS BÁSICOS

CINEUROPA

PANORAMA AUDIOVISUAL GALEGO

LOLA (2025)

Antonio Caeiro

España / 91 min / Documental / Galego, castelán

Ficha artística:

Dolores Rodal Blanco 

Ficha técnica:

Guión: Antonio Caeiro

Fotografía: Xan Lourenzo, Eloy Puga

Edición: O Faiado

Produción: Antonio Caeiro, Margarita Teijeiro

Sinopse:

Lola reconstrúe a historia de Dolores Rodal Blanco, veciña de Cangas do Morrazo, quen con só quince anos viu como o golpe de Estado de 1936 destruía o seu mundo. Filla dunha familia de sindicalistas perseguidos, tivo que sobrevivir xunto á súa irmá pequena mentres os seus pais permanecían encarcerados e os seus irmáns eran asasinados ou forzados ao exilio. O filme, concibido como unha road movie, é unha viaxe física e emocional polos lugares da memoria da protagonista, que funciona tamén como un retrato colectivo daqueles anos, tanto no ámbito local como no nacional.

Antonio Caeiro é realizador e traballador da imaxe, fundamentalmente autodidacta. Comezou a filmar aos quince anos, pouco despois da morte de Franco, un momento que marcaría a súa relación co audiovisual e coa memoria histórica. Tras unha etapa experimental con superochos e vídeos domésticos, orientou o seu traballo cara ao documental e á memoria oral. É autor de pezas como Aillados (1988), sobre a historia do campo de concentración da Illa de San Simón, A memoria nos tempos do volfram (2003), A volta dos nove (2014) ou Eu tamén necesito amar (2020). En 2008 fundou, xunto a Margarita Teijeiro, O Faiado da Memoria, proxecto dedicado á recuperación e difusión da historia cotiá de Vilagarcía e das súas xentes.

 

Mellor Dirección no Ourense Film Festival (OUFF) 2025

 

Duración: 
91 MIN
Acceso: 

Bono 10 películas: 30 euros

Catálogo: 2 euros

  • Para as proxeccións de todas as salas:
    • compostelacultura.gal
    • ZONA C. Punto de Información Cultural (Praza de Cervantes): de martes a sábado, de 11.00 a 14.00 e de 16.00 a 19.00 h.
    • TEATRO PRINCIPAL: de 15.00 h ata a hora de inicio do último filme no Teatro Principal ou no Salón Teatro.  
  • En cada sala, para as proxeccións dese espazo:
    • NUMAX: de luns a sábado (excepto martes) de 10.30 a 14.00 h e de 16.00 a 20.30 h e os martes só de 16.00 a 20.30 h. Os domingos e calquera outro día fóra deste horario, abrirase o despacho de billetes 10 minutos antes do inicio da sesión. Neste despacho de billetes só se poderá pagar en efectivo
    • AUDITORIO DE GALICIA: dende media hora antes do inicio de cada sesión

PRÉGASE USO PREFERENTE DA WEB PARA A ADQUISICIÓN DE ENTRADAS

 

Info práctica: 
Luns, 10 Novembro, 2025
18:15
Salón Teatro
MULTIMEDIA

promo DOCUMENTAL LOLA