LLAR

DATOS BÁSICOS

CÍA. FEDERICO MENINI

Idade recomendada: a partir de 4 anos
Duración: 60 min 
Lingua: sen texto

EN FAMILIA · ARTES ESCÉNICAS · CIRCO

Llar ("fogar" en valenciano) é o encontro da arquitectura e das artes circenses coa madeira como protagonista. A procura e construción dun refuxio, unha morada, unha choza, o espazo onde un habita e sente seguridade e calma.
O malabarista constrúe mediante equilibrios de elementos de madeira para acadar a estabilidade dos elementos, creando así unha linguaxe propia chea de sorpresas. A través de diferentes técnicas circenses o espectáculo convídanos a reflexionar sobre as nosas raíces e os lugares que habitamos.

Este espectáculo é o resultado dun longo proceso de investigación e experimentación cuxa inspiración veu principalmente das diferentes disciplinas artísticas. Trátase dun espectáculo orixinal, único e innovador para todos os públicos que combina humor, orixinalidade, ritmo e unha depurada técnica de malabares.

Este espectáculo obtivo o premio ao Mellor Espectáculo de Circo e o premio a Mellor Artista de Circo nos Premios IVC 2024 ás Artes Escénicas Valencianas.

 


(Fotografía de Gaby Merz)

Duración: 
60 MIN
Acceso: 

Á venda a partir do 23 de setembro en:

  • compostelacultura.gal
  • Despacho de billetes da Zona C. Punto de Información Cultural. De martes a sábado, de 11 a 14 e de 16 a 19 h. Tel.: 981 542 462
  • Despacho de billetes do Auditorio de Galicia. O día do espectáculo desde 1 h antes do comezo do mesmo. Tel.: 981 571 026

PRÉGASE USO PREFERENTE DA WEB PARA A ADQUISICIÓN DE ENTRADAS

Info práctica: 
Domingo, 30 Novembro, 2025
18:00
Auditorio de Galicia