CINEUROPA
SECCIÓN OFICIAL EUROPEA
LIVING / VIVINDO (2022)
Oliver Hermanus
Reino Unido / 102 min / Ficción / Inglés
Ficha artística:
Bill Nighy, Tom Burke, Aimee Lou Wood, Alex Sharp, Grant Crookes, Richard Cunningham
Ficha técnica:
Guión: Kazuo Ishiguro (baseado no guión do filme Ikiru, de Akira Kurosawa)
Fotografía: Jamie D. Ramsay
Edición: Chris Wyatt
Produción: Elizabeth Karlsen, Stephen Woolley
Sinopse:
No Londres de 1952 Williams é un veterano funcionario soterrado baixo o papelame da oficina mentres a cidade comeza a se reconstruír logo da II Guerra Mundial. Ao recibir a demoledora nova de que padece unha doenza terminal, baleira a súa conta de aforros e marcha para a costa. Williams quere facer dos seus últimos días un tempo significativo, mais non sabe como. Despois de que un misterioso descoñecido o leve ata a cidade, Williams comeza a sentir certa intriga por unha nova compañeira de traballo que parece posuír a vitalidade que el perdeu. Coa axuda da súa optimista colega, Williams porá todo o seu empeño en facer feliz, dun xeito sorprendente, a toda a súa contorna.
Oliver Hermanus (Cidade do Cabo, Suráfrica). Dirixiu no 2009 a súa primeira longametraxe, Shirley Adams, coa que competiu no Festival de Locarno. Skoonheid (2011) participou na sección ‘Un certain regard’ do Festival de Cannes, onde se alzou coa Queer Palm. No 2015 competiu coa súa seguinte película, The Endless River, no Festival de Venecia, ao que retornou no 2019, esta vez dentro da sección Orizzonti, con Moffie, candidata a un BAFTA e a tres Premios do Cinema Independente Británico.
Sección Oficial (fóra de concurso) no Festival de Venecia 2022