CINEUROPA
FAYE DUNAWAY: O TALENTO CONVULSO
LITTLE BIG MAN / PEQUENO GRAN HOME (1970)
Arthur Penn
Estados Unidos / 139 min / Ficción / Inglés
Ficha artística:
Dustin Hoffman, Faye Dunaway, Martin Balsam, Richard Mulligan, Chief Dan George.
Ficha técnica:
Guión: Calder Willingham. Baseado na novela de Thomas Berger
Fotografía: Harry Stradling Jr.
Edición: Dede Allen
Produción: Gene Lasko, Stuart Millar
Sinopse:
Jack Crabb, un ancián de 121 anos, relata a un historiador a súa incrible vida, na que asegura ter sido o único supervivente da batalla de Little Bighorn onde morrera o xeneral Custer. Criado entre colonos e indios cheiéns, Jack vai pasando dun mundo a outro, asumindo identidades contraditorias —trampulleiro, soldado, explorador, guerreiro indíxena— mentres presencia o nacemento e a destrución do mito do Oeste americano.
Mellor Actor Secundario (Chief Dan George) nos Premios Laurel 1971
Mellor Actor Secundario (Chief Dan George) da Asociación de Críticos de Cinema de Estados Unidos (1971) e da Asociación de Críticos de Cinema de Nova York (1970)