A LINGUA DAS BOLBORETAS

DATOS BÁSICOS

SARABELA TEATRO

EscenaGZ

DerivasePeregrinaxes

 

Idade recomendada: adultos

Duración: 70 min

Lingua: galego

 

A través da entrañable relación que manteñen o mestre, don Gregorio, e o neno, vaise descubrindo paulatinamente ante o espectador a beleza daquelas realidades cotiás que pasan inadvertidas (como o mundo dos insectos), facendo partícipe ao receptor da historia da fascinación infantil do protagonista ante o descoñecido e do sufrimento que provoca a represión das liberdades humanas. O espectador será testemuña do proceso de aprendizaxe que emprende o protagonista da man do mestre da escola (unha figura que simboliza a liberdade, que xera o coñecemento da realidade e o respecto cara o próximo) e é testemuña tamén da traxedia que supuxo vivir con medo, do cru impacto que xera o estalido dunha guerra civil.

Volver a Rivas é, para Sarabela, voltar a un dos seus autores 'fetiche'. É, dalgún xeito, voltar á casa. Desde a chegada ao novo milenio, será esta a cuarta colaboración da compañía co autor: O lapis do carpinteiro (2000), O heroe (2005) e Os libros arden mal (2007) -esta última foi unha lectura dramatizada-, foron as anteriores. Se con O Heroe se celebraron os 25 anos da Compañía, con A lingua das bolboretas celébrase o 40 aniversario de Sarabela. Conxugamos as historias de dous dos escritos de Manuel Rivas (A lingua das bolboretas e A Traxectoria do Balón) con ese equipo e co propósito de que a mensaxe chegue nidia ao tempo que se xoga coas imaxes e coa poética que nos leva a un espectáculo punteiro dentro da nosa historia escénica.

Autor: Manuel Rivas

Dirección: Gonçalo Guerreiro

Adaptación: Gonçalo Guerreiro, Fernando Dacosta

Escenografía: Gonçalo Guerreiro

Deseño son: Fernando Dacosta, Vadzim Yuknevich

Deseño iluminación: Baltasar Patiño, Diego Blanco

Vestiario: Tegra Vázquez, Lele Martínez

Música: Vadzim Yuknevich

Elenco artístico: Elena Seijo, Josito Porto, Fran Lareu, Fernando Dacosta, Fina Calleja, Sabela Gago

Duración: 
70 min
Entradas: 

VENDA DE ENTRADAS EN LIÑA: MARTES 16_10.00 H

12 euros

* Descontos do 50% para colectivos habituais

Despacho de billetes do Teatro Principal. Aberto de martes a sábado (+ días de evento) de 18 a 21 h. Teléfono: 981 542 349

PRÉGASE USO PREFERENTE DA WEB PARA A ADQUISICIÓN DE ENTRADAS

CONSULTA O PROTOCOLO DE ACCESO A ESPECTÁCULOS NA PORTADA

Funcións: 
Venres, 19 Febreiro, 2021
20:00
Teatro Principal
Sábado, 20 Febreiro, 2021
20:00
Teatro Principal