LES GENS D’À CÔTÉ / A XENTE DO LADO

DATOS BÁSICOS

CINEUROPA

SECCIÓN OFICIAL EUROPEA

LES GENS D’À CÔTÉ / A XENTE DO LADO (2024)

André Téchiné

Francia / 85 min / Ficción / Francés

Ficha artística:

Isabelle Huppert, Hafsia Herzi, Nahuel Pérez Biscayart

Ficha técnica:

Guión: André Téchiné, Régis de Martrin-Donos

Fotografía: Georges Lechaptois

Edición: Indy Adjovi, Milan Evrard, 

Produción: Sylvie Pialat, Benoît Quainon

Sinopse:

Lucie é especialista en policía científica e leva unha vida solitaria desde a morte da súa parella. A chegada dun matrimonio novo coa súa pequena filla á casa do lado devólvelle certa ilusión e afecto. Pero cando descobre que Yann, o pai, é un activista antipolicía con antecedentes penais, Lucie vese atrapada nun dilema moral entre a súa ética profesional e o seu desexo de axudar os seus veciños.

André Téchiné é un director e guionista francés. Antes de dirixir o seu primeiro filme, Paulina marcha (1969), colaborou como crítico de cinema na revista Cahiers du Cinéma. O seu estilo cinematográfico destaca pola exploración das emocións humanas, das relacións persoais complexas e dos conflitos entre o desexo e a moral, así como pola súa forma intimista e contida de retratalas. Entre as súas películas máis recoñecidas figuran Hotel das Américas (1981), A miña estación favorita (1993) e Os xuncos salvaxes (1994).

 

Sección Panorama 2024 Berlinale 2025

 

Duración: 
85 MIN
Acceso: 

4 euros

Bono 10 películas: 30 euros

Catálogo: 2 euros

  • Para as proxeccións de todas as salas:
    • compostelacultura.gal
    • ZONA C. Punto de Información Cultural (Praza de Cervantes): de martes a sábado, de 11.00 a 14.00 e de 16.00 a 19.00 h.
    • TEATRO PRINCIPAL: de 15.00 h ata a hora de inicio do último filme no Teatro Principal ou no Salón Teatro. 
  • En cada sala, para as proxeccións dese espazo:
    • NUMAX: de luns a sábado (excepto martes) de 10.30 a 14.00 h e de 16.00 a 20.30 h e os martes só de 16.00 a 20.30 h. Os domingos e calquera outro día fóra deste horario, abrirase o despacho de billetes 10 minutos antes do inicio da sesión. Neste despacho de billetes só se poderá pagar en efectivo
    • AUDITORIO DE GALICIA: dende media hora antes do inicio de cada sesión

PRÉGASE USO PREFERENTE DA WEB PARA A ADQUISICIÓN DE ENTRADAS

Info práctica: 
Sábado, 8 Novembro, 2025
17:15
Teatro Principal
Domingo, 9 Novembro, 2025
20:00
Salón Teatro
MULTIMEDIA

LES GENS D'À CÔTÉ - Bande Annonce