CINEUROPA · CENTENARIO JORGE SEMPRÚN
LES DEUX MÉMOIRES / AS DÚAS MEMORIAS (1974)
Jorge Semprún
Francia / 141 min / Documental / Francés
Ficha artística:
Santiago Carrillo, María Casares, Federica Montseny, Ian Gibson
Ficha técnica:
Guión: Jorge Semprún
Fotografía: Jacques Loiseleux
Edición: Dominique Landman, Colette Leloup e Chris Marker
Sinopse:
O único documental dirixido polo político e escritor Jorge Semprún Maura é este relato polifónico sobre a Guerra Civil española e as súas consecuencias, centrado nas experiencias dos republicanos que perderon, mais aberta a interpretacións diversas sobre a guerra e a posguerra.
Estreada en Francia e censurada en España (tería dúas proxeccións durante a Transición), contén entrevistas a Santiago Carrillo, María Casares, Federica Montseny, Gabriel Jackson, Ian Gibson, Núria Espert, Yves Montand, Costa-Gavras, Juan Goytisolo, José Peirats, Dionisio Ridruejo ou José María Gil-Robles.