CINEUROPA
AS COUSAS DO QUERER
LES AMANTS RÉGULIERS / OS AMANTES HABITUAIS (2005)
Philippe Garrel
Francia / 184 min / Ficción / Francés
Ficha artística:
Louis Garrel, Clotilde Hesme, Éric Rulliat, Julien Lucas, Mathieu Genet
Ficha técnica:
Guión: Philippe Garrel, Marc Cholodenko, Arlette Langmann
Fotografía: William Lubtchansky
Edición: Françoise Collin, Philippe Garrel
Produción: Pierre Chevalier, Gilles Sandoz
Sinopse:
François, un mozo poeta, participa nas revoltas do maio do 68 en París. Entre a brétema e a confusión, ve a fermosa Lilie, a quen volverá coñecer un ano despois nunha festa na casa dun amigo. Entre ambos nacerá un amor intenso e tenro que fará revivir a ilusión tras o desencanto da revolución perdida. O sexo, a poesía, o opio, a pintura e a escultura serán os novos territorios frecuentados polo grupo de mozos revolucionarios que verán como o mundo que quixeron construír se vai esfarelando pouco a pouco.
León de Prata á Mellor Dirección e á Mellor Contribución Técnica no Festival de Venecia 2005
Premio ao Mellor Actor Revelación (Louis Garrel) nos César 2006
Premio FIPRESCI dos Premios de Cine Europeo 2006