SECCIÓN DOCS CINEUROPA
Dirección: Julien Faraut
Francia / 2018 / Longametraxe / Documental / Francés, Inglés
Ficha técnica
Guión: Julien Faraut.
Fotografía: Gil de Kermadec.
Música: Serge Teyssot-Gay.
Narración: Mathieu Amalric.
Produción: William Jehannin, Raphaelle Delauche.
Sinopse
No ano 1984, John McEnroe chegou invicto ata a final do campionato Roland Garros. Alí, McEnroe tivo que enfrontarse a Ivan Lendl, o tenista checo que terminou facéndose coa vitoria ante o considerado mellor tenista do mundo. Buscando a perfección ofrece a partir deste caso un estudo do tenis e todo o que rodea este deporte mediante un ensaio audiovisual sobre a relación entre o cinema, o tenis e o impulso competitivo.