RFG · LEMBRANDO OS CLÁSICOS

DATOS BÁSICOS

TEMPADA «MEMORIA» 

REAL FILHARMONÍA DE GALICIA

Sergey Malov, violín, violoncello da spalla e director

PROGRAMA

Wolfgang Amadeus Mozart: Sinfonía núm. 1 en Mi bemol maior, KV. 16
Johann Sebastian Bach: Concerto para violín en Sol menor (reconstrución)
Luigi Boccherini: Concerto para violoncello en Re maior (con violoncello da spalla)
Wolfgang Amadeus Mozart: Sinfonía núm. 41 en Do maior, KV. 551, «Xúpiter»

Este programa revisita, cun enfoque historicista, obras do canon sinfónico, con Sergey Malov como director e intérprete de violoncello da spalla, unha sorte de instrumento máis pequeno, de son diáfano e hipnótico, do que é un gran virtuoso. Mozart, tamén xenio precoz, compuxo a súa Sinfonía núm. 1 con só oito anos como exercicio de aprendizaxe. O Concerto para violín en Sol menor de Bach chega a nós despois dun labor detectivesco de recuperación. O seu segundo movemento gravita sobre unha das melodías máis inspiradas do autor, que volve utilizar na Cantata 156. O programa complétase co Concerto para violoncello en Re maior de Boccherini, cheo de vitalidade e lirismo. Pecha a Sinfonía núm. 41 «Xúpiter» de Mozart, escrita nunha etapa de máxima complexidade creativa e de enorme esixencia técnica. Se Mozart chegou a escoitala ou non, continúa sendo un misterio.


Ás 19.15 h, Conversando con... Sergay Malov na Sala Mozart

Duración: 
90 MIN
Acceso: 

Entradas á venda a partir do 22 de setembro en: 

  • compostelacultura.gal
  • Despacho de billetes da Zona C. Punto de Información Cultural. De martes a sábado, de 11 a 14 e de 16 a 19 h. Tel.: 981 542 462
  • Despacho de billetes do Auditorio de Galicia. O día do espectáculo desde 1 h antes do comezo do mesmo. Tel.: 981 571 026
  • Descontos do 50% para persoas desempregadas, perceptoras de rendas sociais, persoas con discapacidade, xubiladas, maiores de 65 anos, estudantes, menores de 25 anos e membros de familias monoparentais ou numerosas.

PRÉGASE USO PREFERENTE DA WEB PARA A ADQUISICIÓN DE ENTRADAS

Info práctica: 
Xoves, 3 Decembro, 2026
20:00
Auditorio de Galicia