LE MANGEUR D'ÂMES / AS DESAPARICIÓNS

DATOS BÁSICOS

CINEUROPA

SECCIÓN PARALELA · FANTASTIQUE COMPOSTELA

LE MANGEUR D'ÂMES / AS DESAPARICIÓNS (2024)

Alexandre Bustillo, Julien Maury

Francia, Bélxica / 108 / Ficción / Francés

Ficha artística:

Virginie Ledoyen, Paul Hamy, Sandrine Bonnaire, Francis Renaud

Ficha técnica:

Guión: Annelyse Batrel, Ludovic Lefebvre. Baseado na novela de Alexis Laipsker

Fotografía:  Simon Roca

Edición: Baxter

Produción: Pierre-Marcel Blanchot, Leo Maidenberg

Sinopse:

Esta desacougante película lévanos a unha pequena vila de montaña na que rexorde un antigo mito sobre unha criatura malévola. A atmosfera tórnase sombriza trala desaparición de varios nenos e unha serie de mortes horribles e brutais, que espertan o terror entre os habitantes. A medida que os eventos se van sucedendo, a lenda cobra vida e os residentes teñen que se enfrontar á realidade dun escuro segredo que ameaza con consumilos.

Alexandre Bustillo (Saint-Cloude, Francia) e Julien Maury (París, Francia). Coñecidos pola súa contribución ao cine de terror e suspense, comezaron a súa traxectoria a mediados dos anos 2000 ao debutaren con À l'intérieur (2007), unha película que axiña se converteu nun referente do terror contemporáneo, cunha salientable intensidade e unha abordaxe visceral do horror.

Co seu estilo distintivo e unha dedicación á exploración dos medos humanos, Bustillo e Maury consolidáronse como figuras clave no cine de terror europeo, e continuaron a súa colaboración creativa e contando historias que desafían as expectativas do público.

 

Duración: 
110 MIN
Acceso: 
  • 4 euros

  • Bono 10 películas: 30 euros

  • Catálogo: 2 euros

PARA TODAS AS PROXECCIÓNS:

  • compostelacultura.gal

  • Zona C (Praza de Cervantes): de martes a sábado, de 11.00 a 14.00 e de 16.00 a 19.00 h. Tel.: 981 542 462

  • Teatro Principal: de 16 h ata a hora de inicio do último filme do Teatro Principal ou do Salón Teatro. (Se hai un filme ás 16.00 h ou antes, o despacho de billetes abre media hora antes de que comece). Tel.: 981 542 349

EN CADA SALA, PARA AS PROXECCIÓNS DESE ESPAZO:

  • NUMAX: de luns a sábado (excepto martes) de 10.30 a 14.00 h e de 16.00 a 20.30 h e os martes só de 16.00 a 20.30 h. Os domingo e calquera outro día fóra deste horario, abriríase o despacho de billetes 10 minutos antes do inicio da sesión.

  • AUDITORIO DE GALICIA: desde media hora antes do inicio de cada sesión.

PRÉGASE USO PREFERENTE DA WEB PARA A ADQUISICIÓN DE ENTRADAS CINEUROPA

Info práctica: 
Mércores, 13 Novembro, 2024
22:00
Teatro Principal
Luns, 18 Novembro, 2024
22:00
Salón Teatro
MULTIMEDIA

LE MANGEUR D'ÂMES Bande Annonce (2024) Thriller