CINEUROPA
SECCIÓN OFICIAL EUROPEA
LE MAGE DU KREMLIN / THE WIZARD OF THE KREMLIN / O MAGO DO KREMLIN (2025)
Olivier Assayas
Francia / 152 min / Ficción / Inglés
Ficha artística:
Paul Dano, Jude Law, Alicia Vikander
Ficha técnica:
Guión: Emmanuel Carrère, Olivier Assayas. Baseado na novela de Giuliano da Empoli
Fotografía: Yorick Le Saux
Edición: Marion Monnier
Produción: Olivier Delbosc
Sinopse:
No medio do caos postsoviético dos anos noventa, o mozo Vadim Baranov comeza a abrirse camiño como artista e produtor de televisión. A súa elocuencia e as súas conexións coas altas esferas lévano a converterse, da noite para a mañá, no asesor dun axente do KGB cun brillante futuro: Vladimir Putin. Desde as entrañas do poder, ambos os dous moldean a nova Rusia, desdebuxando os límites entre a verdade e a mentira.
Olivier Assayas é un dos cineastas franceses máis sobranceiros da súa xeración, recoñecido pola súa versatilidade e polo seu xeito de combinar a introspección, a modernidade e a reflexión política. A súa primeira longametraxe, Désordre (1986), recibiu o Premio FIPRESCI en Venecia. Despois chegaron títulos como Fin août, début septembre (1998), Concha de Prata á mellor actriz en San Sebastián; Clean (2004), premio á mellor actriz en Cannes; L’heure d’été (2008); Après mai (2012), premio ao mellor guión en Venecia; e Clouds of Sils Maria (2014), que competiu en Cannes. Con Personal Shopper (2016) obtivo o premio á mellor dirección no mesmo festival. Nos últimos anos presentou Doubles vies (2018) e Wasp Network (2019) en Venecia e este ano regresou á competición italiana con The Wizard of the Kremlin.