CINEUROPA · SECCIÓN OFICIAL EUROPEA
LAS TIERRAS DEL CIELO (2023)
Pablo García Canga
España / 83 min / Ficción / Español
Ficha artística:
Luis Moreno, Paula Ruiz, Lola Casamayor, Violeta Gil, Andrés Gertrudix
Ficha técnica:
Guión e fotografía: Pablo García Canga
Música: Macarena Montesinos
Edición: Antonio Trullén Funcia, Pablo García Canga
Produción: Ángel Santos Touza, Pablo García Canga
Sinopse:
Unha noite. Unha cidade. Madrid. Cinco conversas. Nove personaxes. Contan historias persoais, contan historias inventadas e contan, tamén, unha vella historia que vai de conversa en conversa. É a historia dunha vella película xaponesa. A historia dun panadeiro poeta e unha moza que traballa nunha tenda de alimentación.
Pablo García Canga (Madrid). É guionista e director. É membro do comité de selección do festival Punto de Vista e profesor na Escola SUR. Compaxina estas actividades coa escritura crítica para revistas especializadas, como Shangri-la, Lumière, Détour, SoFilm España ou Cinema Comparat, e coa tradución de títulos, como Amistad, el último toque Lubitsch (Samson Raphaelson) ou El Greco, cineasta (S.M. Eisenstein), ambos os dous editados por Intermedio. É autor do ensaio Ozu, multitudes, publicado no 2020 por Athenaica. Las tierras del cielo é a súa primeira longametraxe.