CINEUROPA
PANORAMA INTERNACIONAL / LATIDOAMERICANO
LA VIRGEN DE LA TOSQUERA (2025)
Laura Casabé
Arxentina, México, España / 96 min / Ficción / Castelán
Ficha artística:
Dolores Oliverio, Fernanda Echeverría, Luisa Merelas, Isabel Bracamonte, Candela Flores, Agustín Sosa
Ficha técnica:
Guión: Benjamín Naishtat. Baseado nos relatos de Mariana Enríquez
Fotografía: Diego Tenorio
Edición: Ana Remón, Miguel Schverdfinger
Produción: Ariana Aisenberg, Valeria Bistagnino, Ángeles Hernández, Livi Herrera, Alejandro Israel, Diego Martínez Ulanosky, David Matamoros, Tomás Eloy Muñoz
Sinopse:
Natalia, Mariela e Josefina son tres mozas inseparables que viven nun suburbio de Bos Aires e están perdidamente namoradas de Diego, o seu amigo da infancia. Cando el coñece a Silvia, maior e enigmática, Natalia, movida polos celos, recorre á súa avoa para lle botar un meigallo que rompa esa relación. Pero o que comeza como un xogo de maxia negra desencadea forzas alleas ao control de Natalia e esperta nela algo profundo e descoñecido.
Laura Casabé é unha realizadora audiovisual, guionista e directora arxentina. Convertida nunha das voces máis destacadas do cinema fantástico contemporáneo, a súa obra combina elementos do terror e do realismo social cunha mirada profundamente autoral. Debutou na longametraxe con El hada buena, una fábula peronista (2010), e consolidouse con La valija de Benavídez (2016) e Los que vuelven (2019), exhibidas en festivais como Sitges, FrightFest, Sanfic, BIFFF e Guadalaxara.
Mellor Película Arxentina no Buenos Aires Festival Internacional de Cine Independiente (BAFICI) 2025
Mellor Fotografía no Festival de Sitges 2025