CINEUROPA
SECCIÓN OFICIAL EUROPEA
LA TOUR DE GLACE / A TORRE DE XEO (2025)
Lucile Hadžihalilović
Francia, Alemaña / 118 min / Ficción / Francés
Ficha artística:
Marion Cotillard, Clara Pacini, August Diehl
Ficha técnica:
Guión: Lucile Hadzihalilovic, Geoff Cox
Fotografía: Jonathan Ricquebourg
Edición: Nassim Gordji Tehrani
Produción: Muriel Merlin, Harald Steinwender
Sinopse:
Anos 70. Atraída polas luces da cidade, Jeanne, unha moza de dezaseis anos, foxe do fogar de menores onde vive nas montañas. Refúxiase nun estudio de cinema que explora ás agachadas durante a noite. Polo día, alí ródase A Raíña das Neves, protagonizada pola enigmática Cristina. Fascinada pola beleza e o tormento da actriz, Jeanne cae baixo o seu feitizo, e entre ambas nace unha atracción mutua. Pouco a pouco, a rapaza comeza a ocupar un papel cada vez máis importante na rodaxe, mentres os límites entre o decorado e o mundo real se esvaen nun xogo máxico e labiríntico. Mais todo encantamento ten un prezo: amará Jeanne tanto á Raíña das Neves como para aceptar o sacrificio que ela lle esixe?
Lucile Hadžihalilović estudou Historia da Arte antes de graduarse na escola de cinema IDHEC de París (hoxe La Fémis). O seu debut, A boca de Jean-Pierre, presentouse en Cannes en 1996. En 2004, Inocencia foi premiada en San Sebastián e Estocolmo, mentres que Evolution (2015) recibiu o Premio Especial do Xurado e o de Mellor Fotografía en San Sebastián, e o de Mellor Dirección en Dublín. Earwig (2021) volveu ser distinguida co Premio Especial do Xurado en San Sebastián. Ese mesmo ano foi galardoada co Premio Méliès á traxectoria no Festival de Sitges.
Oso de Prata á Mellor Contribución Artística na Berlinale 2025
Mellor Filme na sección Zabaltegi-Tabakalera do Festival de San Sebastián 2025
Mellor Filme no Festival de Cinema Fantástico de Neuchâtel 2025