LA TASTEGGIATA

DATOS BÁSICOS

DE LUGARES E ÓRGANOS

Note rubate. “Razzias” musicais no Barroco

Tobie Miller, zanfona
Marco Ambrosini, nyckelharpa
Eva-Maria Rusche, espineta e órgano portátil

O plaxio, a apropiación de ideas alleas, non é algo novo nas artes. Especialmente no Barroco, unha parte esencial da formación dun músico consistía en aprender a adaptar as obras dos seus mestres. Tamén os temas propios eran “reciclados” polos músicos a fin de empregalos con diferentes motivos. Ademais, era común na altura a publicación de obras alleas baixo o nome propio doutro artista, de maneira que hoxe dispoñemos de abondoso material para emprender interesantes “especulacións musicolóxicas”, sobre estas “notas roubadas”.

Tobie Miller, Eva-Maria Rusche e Marco Ambrosini, tres solistas cunha ampla carreira ás súas costas e gran recoñecemento a nivel internacional, xúntanse neste programa para ofrecer un virtuosístico recital con diferentes instrumentos de tecla, algúns deles cunha longa historia que se remonta á Idade Media e que perdurarían activos ao longo do tempo, penetrando tamén con forza na música tradicional.

O concerto terá lugar nun espazo da cidade no que se conserva un valioso órgano histórico do século XVIII, aínda sen restaurar. Este será precedido dunha distendida conversa coas artistas na que teremos ocasión de falar sobre o programa, os seus protagonistas, anécdotas e outras referencias, así como sobre os interesantes instrumentos que nel serán empregados.

PREVIAMENTE, ás 19.15 h preparación para a escoita, conversa con Marco Ambrosini, Tobie Miller e Eva-Maria Rusche.

Entradas: 
  • Despacho de billetes da Zona C. Punto de Información Cultural. De martes a sábado, de 11 a 14 e de 16 a 19 h. Tel.: 981 542 462
  • De non se esgotaren, tamén se poderán recoller o propio día da actividade no lugar onde esta se celebre, desde unha hora antes do seu comezo.

As invitacións serán válidas ata 10 minutos antes do inicio da actividade. A partir dese momento, a organización resérvase o dereito a empregar as localidades non ocupadas.

Funcións: 
Domingo, 2 Abril, 2023
20:00
Igrexa do Pazo de San Lourenzo