ELAHOOD
EscenaGZ. TerritorioMulleres
Idade: adultos
La soledad de Wally é unha produción de danza urbana, que consta de 4 pezas individuais unidas por unha temática común, pero exploradas desde diferentes puntos de vista. O sorriso dunha estraña, compartir unha lasaña de espinacas, espertarse cun berro de bos días, unha aperta. Cando as relacións sociais son indispensables para as persoas e a ausencia delas ten consecuencias tan negativas, por que é tan difícil admitir que nos sentimos sós?
WATER: Un cuarto, unha muller, o fluír dos seus pensamentos e un intento de saída. Observar movemento desde a quietude desexando que forme parte dela mesma
IMPERMEABLE: (substancia) que non permite o paso da humidade, a auga ou outro líquido (persoa) Que é indiferente a una emoción ou sentimento.
PROTOCOLO: Canta realidade atopas nas túas relacións? Cantas veces falas sen sentir e cantas veces sentes sen falar?
PIPAS AL AIRE: A que idade deixamos de xogar? Xogar, xogar e xogar, para crear, para compartir, para ser, para crecer e para crecer aínda máis.
Creación, dirección e interpretación: Sabela Domínguez e Julia Laport
Deseño iluminación: Sabela Ramos
Vestiario: Kaylighe Reid "Gzell Designs"
Fotografía: Iria Casal
Foto cartaz: Daniel Vázquez "El Búnker 108"
Música: Adrián Vidal, Miguel Thomas e Iago Blanco
Asesoramento interpretativo: Ramiro Neira e Sabela Ramos
Asesoramento coreográfico: Rachel Kay
Deseño gráfico: Alejandra Grela
Produción: Elahood e Artestudio Xestión CUltural
Axudante de produción: Sabela Ramos
Club C!
#POSFUNCION. ao remate da función o 26 de abril os/as convidados/as, persoas con relación coas temáticas tratadas nas pezas, ofrecerán o punto de vista práctico, serán quen contraste o que a obra conta, o que “quere dicir” con como se vive desde a realidade do presente esas mesmas situacións. A partir de aí, o debate estará aberto ao público asistente e aos elencos artísticos.
#POÑER O CORPO. o xoves 25 de abril de 17:30 a 20:30 h no Centro Xove da Almáciga. Elas tamén bailán. Obradoiro de danza urbana con perspectiva de xénero. Actividade impartaida polas compoñentes do espectáculo La soledad de Wally, cun primeiro repaso sobre a orixe do mesmo e a danza urbanda dende a perspectiva das mulleres creadoras.