CINEUROPA
DOCS CINEUROPA
LA RED PONZÁN (2022)
Ismael Gutiérrez
España / 81 min / Documental / Español
Ficha artística:
Oliver Nadouce, Guy Seris, Evelyn Mesquida
Ficha técnica:
Guión: José Luis Hdez. Arango
Fotografía: Lorena Martín
Edición: José María Gómez
Produción: PlayProducciones, RTVE
Sinopse:
Durante a Guerra Civil española e a Segunda Guerra Mundial, 3000 persoas deron fuxido da persecución dos nazis en España e Francia grazas a unha complexa rede que aseguraba un salvoconduto. Esa rede era o Equipo Ponzán, liderado por Francisco Ponzán, que xunto con 30 compañeiros, guías de montaña, falsificadores e coidadores de casas seguras, a través dunha Europa convulsionada, logrou facer un concienciudo traballo de rescate humanitario a ambas as dúas beiras da fronteira española. Este documental reúne testemuños e documentos de Paco Ponzán Vidal e do seu equipo para dar a coñecer as súas grandes fazañas.
Ismael Gutiérrez (Sevilla). Deulles forma a máis de 20 proxectos como produtor e director, entre os que podemos salientar as series documentais Guardianes del patrimonio, sobre os roubos de obras de arte máis importantes en España e Frontera Europa, sobre a loita das forzas de seguridade contra o narcotráfico no campo de Xibraltar. Dirixiu os documentais El viaje del samurái (2018), Itálica, cuna de emperadores (2019) e Minas de Riotinto, de los fenicios a Marte (2019).