CINEUROPA
SECCÓN OFICIAL· NOVAS/OS CINEASTAS
SECCIÓN PARALELA · LATIDOAMERICANO
LA PIEL EN PRIMAVERA (2024)
Yennifer Uribe Alzate
Colombia, Chile / 100 min / Ficción / Español
Ficha artística:
Laura Zapata, Alba Liliana Agudelo Posada, Luis Eduardo Arango Correa, Julián López Gallego
Ficha técnica:
Guión: Yennifer Uribe Alzate
Fotografía: Luciana Riso
Edición: Juan Cañola
Produción: Alexander Arbelaez, José Manuel Duque, Rebeca Gutiérrez Campos, Miguel Yilales Agelvis
Sinopse:
Hai 15 anos que Sandra vive por e para o seu fillo. Agora que o rapaz é adolescente comeza para ela unha nova etapa ao conseguir un emprego como garda de seguridade nun centro comercial. Na liña de autobús 243 de Medellín, na que se despraza acotío ao seu traballo, coñece a un condutor co que inicia un romance. Sandra comeza a cuestionar a súa vida. O desexo e a relación que agroman fana emprender un camiño cara á liberdade e o autodescubrimento.
Yennifer Uribe Alzate (Medellín, Colombia). Directora, guionista, docente e investigadora. Conta cun mestrado en cinema de ficción, outro en comunicación e actualmente está cursando estudos de doutoramento. A súa curtametraxe Like the first time (2017) estreouse no Festival Internacional de Clermont-Ferrand. La piel en primavera (2024) é unha especie de coming of age tardío e a súa primeira longametraxe.
Sección Forum da Berlinale 2024
Sección Horizontes Latinos do Festival de San Sebastián 2024