LA PETITE DERNIÈRE / A IRMÁ PEQUENA

DATOS BÁSICOS

CINEUROPA

SECCIÓN OFICIAL EUROPEA

LA PETITE DERNIÈRE / A IRMÁ PEQUENA (2025)

Hafsia Herzi

Francia, Alemaña  / 106 min / Ficción / Francés

Ficha artística:

Nadia Melliti, Park Ji-min, Amina Ben Mohamed

Ficha técnica:

Guión: Hafsia Herzi. Baseado na novela de Fatima Daas

Fotografía: Jérémie Attard

Edición: Géraldine Mangenot

Produción: Julie Billy, Vanessa Ciszewski, Naomi Denamur, Olivier Père

Sinopse:

Fatima, de dezasete anos, a máis nova de tres irmás, procura o seu propio camiño con cautela. Mentres esperta aos seus desexos e descubre a súa atracción polas mulleres, tenta manter a lealdade cara á súa afectuosa familia franco-arxelina. Ao comezar a universidade en París, ábrese a novas amizades, experiencias e amores, mais enfróntase a un dilema fondo e intemporal: como ser fiel a si mesma cando reconciliar as distintas partes da propia identidade semella imposible?

Hafsia Herzi é unha actriz e directora francesa de orixe alxeriana e tunisiana. Deuse a coñecer coa película A semente e a mula, de Abdellatif Kechiche, pola que gañou o César á actriz revelación e o premio Marcello Mastroianni en Venecia. En 2019 debutou como directora con Mereces un amor, seleccionada na Semana da Crítica de Cannes, e en 2021 presentou no mesmo festival o seu segundo filme, Boa nai, unha homenaxe ás nais traballadoras dos barrios de Marsella onde medrou. Ao longo da súa carreira colaborou con cineastas como Bertrand Bonello, Radu Mihaileanu ou Patricia Mazuy, consolidándose como unha das voces máis persoais e comprometidas do cinema francés contemporáneo.

 

Premio á Mellor Actriz (Nadia Melliti) e Queer Palm no Festival de Cannes

Candidato a Variety Piazza Grande Award no Festival de Locarno

 

Duración: 
106 MIN
Acceso: 

4 euros

Bono 10 películas: 30 euros

Catálogo: 2 euros

  • Para as proxeccións de todas as salas:
    • compostelacultura.gal
    • ZONA C. Punto de Información Cultural (Praza de Cervantes): de martes a sábado, de 11.00 a 14.00 e de 16.00 a 19.00 h.
    • TEATRO PRINCIPAL: de 15.00 h ata a hora de inicio do último filme no Teatro Principal ou no Salón Teatro.  
  • En cada sala, para as proxeccións dese espazo:
    • NUMAX: de luns a sábado (excepto martes) de 10.30 a 14.00 h e de 16.00 a 20.30 h e os martes só de 16.00 a 20.30 h. Os domingos e calquera outro día fóra deste horario, abrirase o despacho de billetes 10 minutos antes do inicio da sesión. Neste despacho de billetes só se poderá pagar en efectivo
    • AUDITORIO DE GALICIA: dende media hora antes do inicio de cada sesión

PRÉGASE USO PREFERENTE DA WEB PARA A ADQUISICIÓN DE ENTRADAS

 

Info práctica: 
Domingo, 16 Novembro, 2025
18:30
Salón Teatro
Xoves, 20 Novembro, 2025
16:00
Teatro Principal
MULTIMEDIA

LA PETITE DERNIÈRE Bande Annonce (2025) Hafsia Herzi