IRIA PRODUCCIONES
La Panadera conta a historia de Concha, unha muller de corenta anos, encargada dunha panadaría, casada, con dous fillos. Unha muller cunha vida tranquila e feliz que un día esperta coa noticia de que polas redes sociais corre un vídeo íntimo seu mantendo relacións sexuais cunha parella que tivo hai 15 anos. O vídeo sae agora á luz e esténdese de maneira incontrolada porque ese home fíxose famoso en Italia grazas a un reality televisivo.
A nudez, a rabia, a impotencia, a vergoña e a dor salpican a todos os seus seres queridos. Desde o seu pai, Ramón, un home de campo, nacido no trinta e oito, pasando polo seu fillo, Gael, un neno de once anos, ao que trata de ocultar o acontecido, pero que sabe manexar un computador infinitamente mellor que ela, ata o seu marido, Aitor, que tenta acompañar a Concha na dor, pero que non pode evitar deixarse invadir polo xuízo social.
As mensaxes cibernéticas sen piedade que, escondidas tras perfís sen nome, opinan, se mofan, e deshumanizan, chegan, e Concha terá que loitar para que o medo, a dor, as crenzas, o aprendido non a derroten.
Texto e dirección: Sandra Ferrús
Reparto: César Cambeiro, Sandra Ferrús, Elías González, Susana Hernández e Martxelo Rubio
Escenografía e vestiario: Elisa Sanz (AAPEE)
Iluminación: Paloma Parra
Música e espazo sonoro: Antonio de Cos
Videoescena: Elvira Ruiz
Axudante de dirección: Concha Delgado
Axudante de escenografía e vestiario: Paula Castellano
Idade recomendada: > 18
Lingua: castelán
© imaxe: Luz Soria