CINEUROPA | PREESTREAS
Juan Diego Solanas
Arxentina / 85 min. / Documental / Castelán
Ficha técnica:
Guión: Juan Diego Solanas
Fotografía: Juan Diego Solanas
Música: Paula Moore
Sinopse:
Cada día morre unha muller na Arxentina debido aos abortos clandestinos. En 2018, debateuse un proxecto de lei de aborto legal que dividiu o país. Logo dunha vitoria na Cámara de Deputados, pero antes do voto definitivo no Senado, o documental reflicte a batalla decisiva, con testemuños de vítimas e de mulleres que lideraron esta loita.
2019: premio TVE Otra mirada no Festival de San Sebastián