LA MARQUESINA. CIRCO DE SUR A SUR 5

DATOS BÁSICOS

TRUCA CIRCUS E LA GRAINERIE
Idade recomendada:a partir de 6 anos
Duración: 55 min 
Lingua: castelán

A Tropa C no patio de butacas

La Marquesina, como título deste novo espectáculo, é un espazo simbólico. Un lugar que forma parte dun edificio, sen rematar de selo. Nin exterior, nin interior, nin público ao 100% nin privado. É unha estrutura, pero lixeira, que alberga a posibilidade de recollemento a cuberto, pero que está basicamente aberta. É o espazo ideal para unha celebración, para un encontro, para unha festa, para un baile. Unha festa doméstica, íntima, pero exposta, conectando dous «sures» a través do circo.
O espectáculo forma parte dun proxecto de creación de circo que vincula territorios e creadores/as entre Galicia, o sur de España e o sur de Francia. De sur a sur europeo para mostrar unha creación circerse de primeiro nivel.

 

 

 

Duración: 
55 min
Acceso: 
  • compostelacultura.gal
  • Despacho de billetes da Zona C. Punto de Información Cultural. De martes a sábado, de 11 a 14 e de 16 a 19 h. Tel.: 981 542 462
  • Despacho de billetes do Auditorio de Galicia. O día do espectáculo desde 1 h antes do comezo do mesmo. Tel.: 981 571 026

PRÉGASE USO PREFERENTE DA WEB PARA A ADQUISICIÓN DE ENTRADAS

Info práctica: 
Domingo, 14 Febreiro, 2027
18:00
Auditorio de Galicia