LA LUNA EN UN CAZO (UN ESPECTÁCULO INCOMPRENDIDO)

DATOS BÁSICOS

LA PETITA MALUMALAGA

Un espectáculo ideal para gozar dunha montaxe adaptada a bebés no escenario do Auditorio de Galicia. Un coidado espazo escénico para espertar todas as sensacións a través da música en directo, a danza, o teatro e a tecnoloxía.

É un tránsito polos recunchos emocionais máis profundos dunha lúa en constante procura da súa esencia. A felicidade como ferramenta innegociable para reencontrarse.

Un canto ao optimismo dirixido a todos os públicos, tamén aos bebés e á primeira infancia, e coa aposta pola procura de novas formas de interacción co público.

Partindo da deliciosa escusa dun espectáculo que hai anos algúns profesionais declararon non idóneo para nenos, esta produción pretende, ao mesmo tempo, convidar o público a unha reflexión crítica das programacións teatrais dirixidas tamén á infancia.

Idea orixinal: Albert Vilà e Eva Vilamitjana

Guión: Albert Vilà; colaboración de Jordi Falguera

Dirección artística: Albert Vilà e Eva Vilamitjana

Coreografía: Eva Vilamitjana; colaboración dos intérpretes

Intérpretes: Ariadna Saltou (danza), Marc Trias (percusións), Laia Barberà (arpa)

Composición musical: Jordi Belo

Escenografía: Albert Vilà; colaboración de Marc Salicrú

Vestiario: Marc Udina

Desenvolvemento tecnolóxico: Ivan Rubio

Teito cinético: Ignasi Bosch

Deseño de luces: Carles Borràs

 

Idade recomendada: de 0 a 3 anos

Duración: 35 min

 

PorVezPrimeira presenta un programa dedicado á primeira infancia. Unha selección moi coidada de espectáculos para bebés e os, as máis pequenas da casa, que pretende que tanto o Auditorio de Galicia como o Teatro Principal se convertan no lugar da primeira experiencia cultural dos nosos e das nosas novas veciñas.

Recoméndase asistir con non máis de 2 acompañantes por bebé ou crianza. Deberase mercar unha entrada para cada asistente independentemente da súa idade.

Duración: 
35 MIN
Entradas: 
  • compostelacultura.gal
  • Despacho de billetes da Zona C. Punto de Información Cultural. De martes a sábado, de 11 a 14 e de 16 a 19 h. Tel.: 981 542 462
  • Despacho de billetes do Auditorio de Galicia. O día do espectáculo desde 1 h antes do comezo do mesmo. Tel.: 981 571 026
  • 3 euros

PRÉGASE USO PREFERENTE DA WEB PARA A ADQUISICIÓN DE ENTRADAS

PROTOCOLO DE ACCESO A ESPECTÁCULOS PUBLICADO NA PORTADA

Recoméndase asistir con non máis de 2 acompañantes por bebé ou crianza.

Deberase mercar unha entrada para cada asistente independentemente da súa idade.

Funcións: 
Sábado, 7 Maio, 2022
11:00
Auditorio de Galicia
Sábado, 7 Maio, 2022
12:00
Auditorio de Galicia
Sábado, 7 Maio, 2022
13:00
Auditorio de Galicia