CINEUROPA I LATIDOAMERICANO
Jayro Bustamante
Guatemala, Francia / 97 min. / Drama, terror / Castelán
Ficha artística:
María Mercedes Coroy, Sabrina de la Hoz, Julio Diaz, Juan Pablo Olyslager, Ayla-Elea Hurtado, María Telón, Margarita Kénefic
Ficha técnica:
Guión: Jayro Bustamante
Música: Pascual Reyes
Fotografía: Nicolas Wong
Sinopse:
Coas palabras "se choras, mátote" a resoar nos oídos, Alma e os seus fillos son asasinados no conflito armado de Guatemala. Trinta anos despois, ábrese unha causa penal contra Enrique, un xeneral retirado que estivo á fronte do xenocidio. O xuízo é declarado nulo e o militar é absolto, mais o espírito de La Llorona libérase para vagar polo mundo como unha alma perdida entre as persoas vivas. Polas noites, Enrique comeza a escoitala chorar. A muller e a filla cren que está sufrindo accesos de demencia relacionados co alzhéimer, polo que ningún dos tres sospeita que a súa nova ama de chaves, Alma, planea vingarse para reparar un ditame que considera inxusto.
2019: sección Giornate degli Autori da Mostra de Venecia
2019: sección Horizontes Latinos do Festival de San Sebastián