CONTEMPORÁNEAS 2026 · 2027
Esperanza Mara, soprano (a nai)
Jacobo Rubianes, barítono (o pai)
Pablo Martínez, tenor (o fillo)
Christian Borrelli, contratenor (a Lúa)
Sergio Camacho, dirección musical e escénica
Montserrat Capelán, produción executiva
Violeta Martínez, deseño de luces
Luís Ortega, deseño de produción
Elynn Tan, asistente de produción
PROGRAMA
La geometría imperfecta del olvido* (2026)
Sergio Camacho (1976) Zarzuela nova, en tres cadros
Concibida como unha continuación das tradicións do teatro lírico paneuropeo, a peza divídese en tres cadros, combinando voz, palabra, música e movemento para establecer un espazo narrativo de encontro creativo intercultural. Debulla a historia dunha familia fracturada pola migración e a ausencia. Unha nai que debe atopar a súa forza no abandono. Un pai que se enfronta ao desengano da ambición cando se sacia. Un fillo que recibe as feridas de quen o precedeu. A mesma historia narrada tres veces, desde as súas propias perspectivas.
A Semente Lírica, poñendo en valor o teatro lírico paneuropeo
Esta produción forma parte dos resultados de The Lyrical Seed, proxecto europeo para a posta en valor e promoción do teatro lírico paneuropeo. Liderado polo Instituto de Investigación en Humanidades (iHUS), a través do grupo Organistrum da USC, articúlase nun consorcio hispano-lituano no marco do programa Erasmus+ e está cofinanciado pola Unión Europea. O proxecto busca fortalecer a produción e circulación transnacional de obras e artistas, promover o talento e a innovación e ampliar as audiencias, favorecendo a colaboración, a interculturalidade, o desenvolvemento profesional, a inclusión e a igualdade de oportunidades. La geometría imperfecta del olvido é o principal resultado da incubadora para a aprendizaxe colaborativa na que participaron membros do consorcio e entidades colaboradoras, tanto en Galicia (EASD Mestre Mateo, EASD Pablo Picasso, Conservatorio Profesional de Música de Santiago de Compostela, Conservatorio Superior de Música de Vigo e OSG) como en Lituania (Pažaislis International Music Festival, Karaliaus Mindaugo e Kauno Juozo Naujalii).