SECCIÓN OFICIAL INTERNACIONAL
Dirección: Mariano Llinás
Arxentina / 2018 / Longametraxe / Ficción / Castelán
Ficha artística
Elisa Carricajo, Valeria Correa, Pilar Gamboa, Laura Paredes.
Ficha técnica
Guión: Mariano Llinás.
Fotografía: Agustín Mendilaharzu.
Música: Gabriel Chwojnik.
Edición: Agustín Gagliardi, Felicitas Soldi.
Produción: Laura Citarella - El Pampero Cine / Piel de Lava.
Sinopse
La Flor é un complexo narrativo integrado por seis narracións independentes e sucesivas. O punto de unión entre elas é que en cada unha das historias actúan as mesmas catro actrices: Pilar Gamboa, Elisa Carricajo, Laura Paredes e Valeria Correa.
Dada a longa duración do filme, exhibirase en tres partes en días consecutivos coa seguinte estrutura:
Parte I: 210’20’’ + un intervalo de 15 minutos. Mércores 21 de novembro.
Parte II: 312’5’’ + dous intervalos de 15 minutos. Xoves 22 de novembro.
Parte III: 290’22’ + dous intervalos de 15 minutos. Venres 23 de novembro.
En todas, contaremos con Mariano Llinás, o seu director, para presentación e coloquio.
Premios
- Mellor filme da Competencia Internacional no 20° Bafici.
- Hubert Bals Audience Award no Festival Internacional de Róterdan 2018.