CINEUROPA · SECCIÓN OFICIAL EUROPEA
LA CHIMERA / A QUIMERA (2023)
Alice Rohrwacher
Italia, Francia, Suíza / 133 min / Ficción / Italiano, Inglés
Ficha artística:
Josh O'Connor, Carol Duarte, Vincenzo Nemolato, Alba Rohrwacher, Isabella Rossellini
Ficha técnica:
Guión: Alice Rohrwacher
Fotografía: Hélène Louvart
Edición: Nelly Quettier
Produción: Carlo Cresto Dina
Sinopse:
Cada persoa ten a súa propia quimera, algo que tenta acadar pero nunca dá atopado. Para a banda dos tombaroli (ladróns de bens funerarios antigos e de marabillas arqueolóxicas), a quimera é redimirse do traballo e o soño da riqueza fácil. Para Arthur, a quimera aseméllase á muller que perdeu, Beniamina. Para atopala, Arthur enfróntase ao invisible, busca por todas as partes e intérnase na terra á procura da porta ao alén da que falan os mitos. Nunha viaxe aventureira entre os vivos e os mortos, entre bosques e cidades, entre celebracións e solitudes, desenvólvense os destinos destes personaxes, todos á procura de cadansúa quimera.
Alice Rohrwacher (Fiesole, Italia). Estudou grego clásico, Historia das Relixións, Literatura e Filosofía entre Turín e Lisboa. Traballou en teatro musical e na dirección e montaxe de documentais. A súa primeira película, Corpo celeste, tivo a súa estrea internacional na Quincena dos Realizadores do Festival de Cannes do 2011. Dalgún xeito, Cannes converterase na casa da directora. Foi tamén alí onde estreou a súa segunda longametraxe, Le meraviglie (2014), que gañou o gran premio no festival, e Lazzaro felice (2018), coa que obtivo o premio ao mellor guión.
Candidata á Palma de Oro no Festival Cannes 2023
Espiga de Prata na Seminci 2023