CINEUROPA | ANIMAEUROPA
Cristóbal León, Joaquín Cociña
Chile / 73 min. / Animación, ficción / Castelán, alemán
Ficha artística:
Amalia Kassai, Rainer Krause
Ficha técnica:
Guión: Cristóbal León, Joaquín Cociña, Alejandra Moffat
Sinopse:
María é unha moza que procura refuxio logo de fuxir dunha seita de fanáticos relixiosos alemáns en Chile e acaba sendo acollida por dous porcos nunha misteriosa casa. Os animais transfórmanse amodiño en humanos e a casa nun mundo de pesadelo. Como nun soño, o universo da casa reacciona aos sentimentos de María. Inspirada no caso de Colonia Dignidade, centro de tortura da época de Pinochet, A Casa Lobo aparenta ser un conto de fadas animado producido polo líder da seita para adoutrinar os seus seguidores e seguidoras.